martes, 12 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN 8M: SEMENTANDO IGUALDADE

Na entrada de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, a música... Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, Belén Toimil, Luz Casal, Mabel Rivera entre outras, son algunhas das mulleres protagonistas desta exposición.


viernes, 8 de marzo de 2024

8 M. "O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.

O Mundo Das Cores by yolick20003194


AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO NARRADO POLO ALUMNADO


martes, 30 de enero de 2024

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2024

A última semana do mes de xaneiro todo o centro volcouse na celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Todas as aulas sumáronse a variadas  propostas para visibilizar a importancia desta data e sensibilizar á comunidade educativa da necesidade dunha convivencia pacífica e enriquecedora.

Hoxe 30 de xaneiro (Día Escolar da Paz) reunímonos o alumnado e profesorado de todos os ciclos e niveis no patio cuberto e deixamos a nosa pegada a favor da paz diante dunha fermosa pomba, símbolo da paz, realizada por Alberto (o noso conserxe). Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria colaboraron no recheo da mesma con xiz.

Un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz. O acto finalizou cantando todos xuntos  a canción “ El mundo entero” que foi tamén signada polo alumnado. Ao ritmo desta melodía os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir que respectando as diferenzas, valorando a súa riqueza é camiñando xuntos, non hai muro que nos separe e esta é a forma máis importante para eliminar a violencia e acadar a paz que está dentro de nós.

 

     

👉  Por outra banda, e en formato podcast, o alumnado de 3º de ESO realizou un programa especial

 sobre o día da paz que podedes escoitar aquí.

👉Tamén o alumnado de 4º de ESO preparou e interpretou  dous contos sobre a paz 

para os nenos e nenas de 1º a 4º de Educación Primaria. 

 


 

👉Por último o alumnado de todos os niveis deseñaron debuxos e logos alusivos á paz que foron impresos en pegatinas e repartidas a toda a comunidade educativa.

 


 Aquí queda unha presentación con todos os debuxos sobre a Paz






miércoles, 20 de diciembre de 2023

FELICITACIÓNS PARA AS USUARIAS DO CENTRO DE DÍA

Un ano máis quixemos felicitar  ás persoas maiores usuarias do  Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou  felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.

Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na  elaboración dos xogos e a todas as rapazas e rapaces por esas postais tan fermosas.

Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e para  o persoal que tan ben coida delas.

 


Algunhas das postais










martes, 19 de diciembre de 2023

OPERACIÓN QUILO DE NADAL. CPI AS MIRANDAS

Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.

Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.

                                                             BO NADAL

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Neste “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” no CPI As Mirandas o alumnado e profesorado da ESO reunímonos  nun acto no que,  alumnas e alumnos de 4º da ESO,  deron lectura a dous manifestos a través dos cales quixemos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada como é a violencia de xénero, así como recordar que se debe seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.




 
 Rematamos o acto cantando a canción “A veciña do cuarto” de Fillas de Casandra