Como sabes, este ano 2010 celébrase un novo Ano Santo Compostelá. En torno ao Camiño de Santiago tecéronse, como sabemos, boa parte da cultura e a espiritualidade dos pobos de Occidente, singularmente os de Europa. Pero...
- Qué é exactamente un Ano Santo?
- Dende cando se celebra en Santiago de Compostela?.
- Cando e por qué nace a peregrinación a Santiago?
- Qué sinais guían o peregrino por todo o camiño?
- Qué é a Compostela?
Actividades
- Amosa as túas dotes de investigador/a para averigualo e resposta a través dun comentario.
- Investiga na túa familia se alguén ou tí mesmo/a fixeron algunha vez o Camiño de Santiago e fálanos do que supuxo esa experiencia.