lunes, 19 de noviembre de 2012

20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

En 1956, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recomendou que se instituíra en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e destinaríase a actividades propias para promover o benestar dos nenos e nenas do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos Nenos e as Nenas.
Os rapaces e rapazas de 1º da ESO do CPI "Virxe da Cela" a través do canal "Radio Monfero FM 3.9", realizaron un interesante programa sobre o Día dos Dereitos dos Nenos. Premede debaixo para escoitalo, seguro que nos vos deixará indiferentes. 



                                                 

sábado, 17 de noviembre de 2012

VISITAMOS O LOCAL DE CÁRITAS EN ARES

O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º dá ESO visitou as instalacións de Cáritas sitas no baixo dá Biblioteca de Ares, lugar que cedeu amablemente o Concello para que esta institución poida atender as persoas que o necesitan.
Cando chegamos estábanos a esperar Concha que é unha dás voluntarias de Cáritas. Amablemente explicounos como xurdíu Cáritas, canto tempo levaba en funcionamento, cantos alimentos recollían ao mes e unha morea de preguntas máis que os races e rapazas  lle fixeron. Tamén amosounos as instalacións: o ropeiro con toda a roupa doada pola xente, os conxeladores onde gardan alimentos perecedeiros, a sala onde están en diversas estanterías, os alimentos recollidos. Explicounos que ademais dos alimentos que recollen na sé de Cáritas, tamén contan coa colaboración de diversos supermercados e establecementos de Ares onde a xente pode depositar a súa doazón. 
“Aínda que estamos en tempos de crise, e todos a notamos, a xente de Ares é moi solidaria”, suliñou Concha, quen nos puxo o exemplo de  xente que nun determinado momento tivo que acodir a Cáritas e  hoxe en día, esa mesma xente, que xa non necesita a axuda de Cáritas, achégase pola institución para deixar alimentos e aportar o que pode dentro dás súas posibilidades.
Esta visita é previa á que faremos no nadal cando levemos a Cáritas e á Cociña Económica de Ferrol os alimentos que recolleremos no noso centro dentro da “Operación Quilo” de Nadal.




miércoles, 10 de octubre de 2012

COMO ENSINABA XESÚS: AS PARÁBOLAS

Que son as parábolas?

As parábolas son relatos curtos, historias claras e sinxelas. A súa finalidade é transmitir unha ensinanza do modo máis comprensible e fácil de recordar.
A través delas Xesús ensínanos como debe actuar unha persoa para entrar no Reino dos Ceos e, na súa maioría, revelan tamén os seus misterios. En ocasións Xesús usou as parábolas como armas dialécticas contra líderes relixiosos e sociais, por exemplo a Parábola do fariseo e o publicano.
Unha das características das parábolas é que son desconcertantes. Ata se poden suscitar situacións absurdas. Si Xesús fai esta formulación é porque quere resaltar especialmente algún aspecto do Reino, algunha característica de Deus; ou como debe ser o comportamento dos homes.

Preme na imaxe que tes debaixo e...navega polas parábolas



ACTIVIDADE: Debedes realizar a ficha que tedes a continuación. Podedes entregala en man ou enviala por email.


miércoles, 19 de septiembre de 2012

LA SILLA ROJA

La silla roja es un símbolo de los 61 millones de niños y niñas de todo el mundo que este año también faltarán a clase. En este momento de vuelta al cole, Entreculturas quiere llamar la atención sobre la realidad de tantos niños y niñas de contextos vulnerables de todo el mundo que, al no poder acceder a la educación, carecerán de oportunidades y de herramientas para afrontar la vida. www.lasillaroja.org

domingo, 16 de septiembre de 2012




 
Comeza o novo Curso Escolar 2012-2013. Desde Enreliando  dámosvos a benvida a todos e todas.
Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina. Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso.
 Por iso, a todos, pais e nais, profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado.
                                                
                                                            FELIZ CURSO 2012-2013! 

sábado, 19 de mayo de 2012

O NOSO PATRIMONIO

O alumnado de 4º da ESO realizou un traballo sobre a Igrexa de Lubre para poñer en valor o patrimonio que temos no noso concello. Fixeron un excelente traballo recabando información sobre a igrexa, facendo unha magnífica reportaxe fotográfica sobre ela e, demostrando as súas dotes plásticas, a debuxaron nun precioso mural. Noraboa polo voso traballo.










jueves, 19 de abril de 2012

VISITA A EXPOSICIÓN DA PAIXON NO TILO DE ARES

O alumnado de 1º da ESO visitou a exposición sobre a "Paixón" que a Sociedade "O Tilo" esta a realizar no seu local social. Amablemente os membros da sociedade estaban a esperarnos para  ensinarnos a estupenda recreación da paixón, morte e resurrección de Xesús. Logo de ver a exposición, amosáronos como facían as figuras, as casas, as árbores.. Utilizando material de refugallo como poden ser caixas de cereais, cartóns de leite e outros materiais como Porexpan explicaronnos o proceso de fabricación.
A verdade e que a exposición e preciosa e desde aquí animamos a tod@s a que a visitedes.

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Os alumnos da clase de Reli  2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández gañaron cunha videoreportaxe o 28 Concurso Escolar organizado pola ONCE a nivel provincial co lema de "Fai o teu barrio accesible". Posteriormente,  pasarán a unha fase autonómica e logo á fase nacional.
  En hora boa a todos e todas. Aquí vos deixamos o vídeo gañador.

martes, 20 de marzo de 2012

28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

Como ven sendo habitual a ONCE convocou o 28 Concurso Escolar co lema de "Fai o teu barrio accesible". Os nosos alumn@s puxéronse no lugar das persoas que teñen problemas para ver, escoitar, para camiñar... analizaron o noso contorno  desde unha nova perspectiva, a de aquelas persoas que viven con algún tipo de discapacidade. E así, uns elaboraron fotoreportaxes e outros videos para denunciar que tod@s temos os mesmos dereitos, que os nosos barrios deben ter accesibilidade para que todo o mundo poida moverse por eles e que os barrios e as cidades teñen que ser accesibles para tod@s.
Aquí vos deixamos algúns dos videos que os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO realizaron para o concurso.

                              
            Video elaborado por Iago, Elisabeth, Noelia e Cristina de 1º ESO

                                
     Video elaborado polo alumnado de 2º de ESO
                               
                              

                                         Video realizado polo alumnado de 2º de ESO

domingo, 11 de marzo de 2012

XESÚS DE NAZARET. STORY BOARD

Un story board é o desenvolvemento dunha historia visualmente, empregando a linguaxe de planos e máis o debuxo (cómic), como procedemento básico. Os alumnos de 2º da ESO fixeron un sobre a vida de Xesús de Nazaret. 

Picade enriba del para velo en grande

lunes, 13 de febrero de 2012

Unha imaxe vale mais que mil palabras...

Que te suxire a  viñeta?

Que contestarías ti se foses o neno ? Por qué?

Qué eliminarías da televisión? Por qué?

Cales son os teus programas favoritos?

Cal sería a noticia que che gustaría que aparecese na televisión?

miércoles, 8 de febrero de 2012

QUE É O MAIS IMPORTANTE PARA MIN?





As persoas somos seres necesitados, pero cales son as nosas necesidades reais?. Estivemos reflexionando en clase sobre as cousas máis importantes na nosa vida e chegastes á conclusión de que entre elas estaban as seguintes:


  • Que a túa familia te queira.
  •  Intentar levarse ben coa xente.
  •  Ser solidario, responsable e cooperar na construción dun mundo mellor.
  •  Ter un bo traballo
  • Ter liberdade para facer o que queira sen danar a ninguén.
  • Ser honrado e boa persoa.
  •  Que a vida teña sentido.
  •  Estar seguro das decisións que tomas.
  •  Estar en paz coas persoas achegadas.
  •  Non obsesionarche co diñeiro.
  •  Ser positivo.
  • Cumprir os obxectivos da vida.
  •  Aceptar o teu corpo tal e como é.
  •  Ter fe e crer en algo.
  •  Ter confianza nun mesmo.
  •  Ser educado e amable.
  •  Tratar aos demais como quero que me traten a min.
  •  Gañar moito diñeiro
  • Ter un bo físico, xa que iso che abre moitas portas.
  • Que a miña xente e mais eu teñamos saúde.
Actividade: Tedes que seleccionar as tres máis importante para vós e dicir, a través dun comentario, por que elixistes esas.

jueves, 2 de febrero de 2012

ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ

Como a paz no pode ser somente cousa dun día, os nosos rapaces estiveron facendo unha morea de actividades durante toda a semana e esperamos seguir así todo o ano...
Entre as actividades que fixemos ademais de realizar os deseños das pegatinas para a paz, os alumnos de 2º e 3º da ESO fixeron un mural super chulo cunha pomba e un lema que di "cada noite, antes de que pechemos os nosos ollos para durmir, lembremos que a paz é o noso soño".



Tamén os nenos e nenas de 5 anos visitaron a aula de música no edificio de secundaria. Alí os alumnos e alumnas de 3º da ESO e mais o alumnado de 2º da ESO de “Reli” contáronlles aos pequerrechos dous contos sobre a paz titulados “Buscando a paz “ e “A espada pacifista”. O remate dos contos os rapaces e rapazas de 3º dirixidos pola profe de música Teresa, interpretaron o Himno a Alegría. Os pequerrechos de infantil portáronse moi ben e foron agasallados con uns caramelos. Esperamos que volvan pronto a facernos unha visita.

Antonio contándolle o conto aos pequerrechos






sábado, 21 de enero de 2012

SE TI QUERES PODES CAMBIAR O MUNDO



Qué te suxire este vídeo?

Cres que estas actitudes son habituais na nosa sociedade?. Son habituais na túa vida?

Viches a película "Cadena de favores?. Encontras algunha similitude co video?

(Contesta a través dun comentario)

sábado, 14 de enero de 2012

30 de Xaneiro: Día Escolar pola Paz 2012



Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.

Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz,      e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".

   Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

   Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.

O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.

Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO na asignatura de "Reli", foi a de deseñar  pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia da Paz a todos os nenos e nenas do centro.

  Autores: Xosé Manuel, Carlos, Nando e Alejandro (1º ESO)

   Autora: Elisabeth Domínguez (1º ESO)

 Autora: Cristina Fernández (1º A)

 Autoras: Andrea Salido, Eva Gil e Begoña Muiño (1º ESO)

 Autor: Francisco Rañales (1º ESO)


 Noelia Calvo (1º ESO)

Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi,  para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...