Co gallo da celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia os alumnos e alumnas de 4º da ESO da materia de Reli,(Alba, Noe, Andrea, Begoña e José Manuel), prepararon e interpretaron dous contos para os pequerrechos de primaria. As historias tituladas "A espada pacifista" e "Buscando a paz", encantáronlle aos mais pequenos, que estiveron moi atentos e participativos coma sempre. Aquí vos deixamos o vídeo da sesión e os contos para que gozedes coa súa lectura.
Moitas grazas aos peques e as súas profes pola súa visita e parabéns aos rapaces/as da ESO polo seu traballo.
Hoxe 30 de xaneiro celébrase en todos os coles o Dia Escolar da Paz e a Non
Violencia, pero recordade que a paz non é
só cousa dun día, dunha data siginificativa, senón que a paz é cousa de todos
os días e temos que axudar a construíla cos nosos pequenos actos de cada
día.
No noso centro fixemos unha morea de actividades en todos os cursos desde
infantil ata primaria e secundaria. Así, os rapaces da ESO realizaron unha
serie de debuxos relativos á paz que foron convertidos en pegatinas e que
repartiron os alumn@s de 1º ESO da clase de Reli, polas distintas aulas, ademáis de falarlles un pouquiño
aos mais pequenos do significado desta data.
A nosa brillante ilustradora Ana Martínez (3º ESO) realizou este estupendo cartel
para conmemorar este día.
Por outra banda os rapaces de 4º ESO realizaron unha sesión de contacontos
para os nenos e nenas do 1º ciclo de primaria. Alba, Noe, Andrea, Begoña e José
Manuel levaron a termo esta sesión. Os pequenos desfrutaron moito cos contos “A
espada pacifista” e “En busca da Paz”, que tan ben ilustraron na ESO con imaxes dos clicks de Famobil.
Por último os alumnos e alumnas de 2º ESO realizaron un estupendo vídeo sobre a paz
que podedes ver a continuación.
FELIZ DÍA DA PAZ e xa sabedes, intentemos construíla e celebrar a
paz de todos os días: a convivencia, o respecto, compartir vivencias xuntos...para que o 30
de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un
conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non
violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou
Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da
morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de
Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo)
celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre
onde está a paz, e en que lugar debemos buscala.
Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes
mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o
noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia
conciencia (Jonan Fernández), dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde
construímos a paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía
maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no
mundo aniñan dentro do noso propio corazón". Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os
días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non
se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas
e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.
E para conmemorar esta data os alumnos dos coles de Ares e Monfero colaboraron conxuntamente para realizar este pequeno vídeo sobre a paz. Aquí tedes o resultado.
Grazas ao alumnado de 4º da ESO que doou a Cáritas de Ares a cesta que sorteaban para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso. A solidariedade ante todo. Parabens!!!.