viernes, 11 de noviembre de 2016

AS GRANDES RELIXIÓNS


Nun mundo tan plural como o noso, non é nada difícil encontrarnos, charlar, convivir, con persoas doutras culturas, doutras razas e doutras relixións.
De moitas destas relixións non sabemos nada ou case nada e doutras só utilizamos tópicos que para nada axudan ao dialogo e ao entendemento entre a xente.
Imos afondar con este traballo no coñecemento dunha das grandes relixións do mundo.
Cada un de vos poderá elixir unha das grandes relixións ( Cristianismo, Hinduísmo, Budismo, Xudaísmo ou Islam). Debedes reunir información, ordenala e elaborar un traballo escrito para expoñer na clase(en formato word, power point ou en mural) sobre o tema elixido.
Estas preguntas poderanvos servir de guión para o traballo, aínda que podedes modificar o guión sempre que recollades o esencial da relixión que elixistes:

- Quen fundou a devandita relixión?
- Cando e onde se fundou?
- En que países se encontra implantada actualmente?
- Cales son os seus mandamentos principais?
- Ten "libro sagrado"? Como se chama?
- Os seus seguidores teñen algunha particularidade especial, chaman a atención por algo?
- Hai algún rito particular da devandita relixión?
- Cales son os seus lugares sagrados?
- Existe algún día ou lugar especial de reunión? Para que se reúnen?

Tedes, pois, que elaborar un traballo escrito tratando de responder a todas estas cuestión. Podedes engadir mapas, debuxos ou outros elementos que completen e axuden a entender mellor a devandita relixión.
Aquí póñovos uns enlaces que vos poden servir de axuda, pero podedes buscar pola vosa conta.
http://www.portalplanetasedna.com.ar/religion2.htm
http://www.monografias.com/trabajos28/religiones/religiones.shtml
http://es.catholic.net/indice/mapa.php?ts=42&ca=786&te=2599
http://www.rosario.org.mx/doctrina/grandes1.htm

Podedes entregar o traballo na clase ou mandalo á dirección de correo: enreliando@gmail.com

No hay comentarios: