martes, 19 de septiembre de 2017

SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a día. 

O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes proxectos, e neste día,  queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixaremos a nosa testemuña a través dos retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.


ACTIVIDADE:
Pedímosche  que fagas, no apartado de comentarios na entrada de  SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO ,unha  proposta persoal de 10 máximas que sirvan para cambiar o mundo e facelo máis humano e solidario:
Como exemplo aquí vai a miña lista: 

 1. Nunca fagas dano: trata sempre de evitar ou ferir ás persoas coa túa actitude, as túas palabras, os teus feitos.
2. Na vida hai que marcarse metas, obxectivos e non acomodarse.
3. Esforzarse por coñecer ás persoas, non quedarse coa primeira impresión.
4. Non finxas ser quen non es.
5. Rompe co teu pasado; aprende del, pero avanza.
6. A solidariedade non ocupa lugar.
7. Loita polo que queres.
8. Fai o que sexa necesario para ser feliz, respectando aos demais.
9. Non te fixes só en ti mesmo.
10. Traballar, traballar, traballar = resultado.

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-2018

Desexámosvos a todos un ano cargado de alegrías, actividades, proxectos,  e... ¡moitas aprendizaxes!