miércoles, 19 de diciembre de 2018

OPERACIÓN QUILO 2018

Hoxe fixemos entrega das doazóns feitas na Campaña Operación Quilo 2018. Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar ás institucións de “Cáritas” e “Cociña Económica”.



jueves, 15 de noviembre de 2018

PÓDENSE SUPERAR AS DIFICULTADES DA VIDA?


TODAS as vidas humanas son distintas; todos temos capacidade de enfrontarnos ás dificultades que van aparecendo na nosa historia persoal; pero non todos nos enfrontamos da mesma maneira ou coa mesma forza, verdade!
TAMÉN é certo que hai dificultades que parecen insalvables...

AQUÍ déixovos o testemuño de Irene Vila...



Se che quedaches con ganas de ver o TESTEMUÑO COMPLETO de Irene... aquí tes a ligazón...
https://youtu. be/ FLTRgs3 k_ Mk

TRABALLO QUE CHE PIDO NESTA ENTRADA: que busques información sobre a vida de Irene e resumas os datos máis importantes; que busques todos os logros que conseguiu Irene desde que sufriu o atentado; que lle preguntes aos teus pais / avós que aprenderon das adversidades da súa vida... e mándesma TODO a través dun comentario.

viernes, 26 de octubre de 2018

FESTA DE TODOS OS SANTOS


 O Día de Todos os Santos é unha celebración cristiá que ten lugar o 1 de novembro na Igrexa católica e o primeiro domingo posterior a Pentecostés na Igrexa Ortodoxa.
TRABALLO QUE CHE PIDO: que contestes a este TEST a través dun comentario e da información que poidas sacar da túa familia ou na internet.

1. Esta festa celébrase desde o século...
2. O Papa que promulgou que se celebrase en toda a Igrexa foi...
 3. Os primeiros santos do Cristianismo foron asasinados, por iso chámaselles...
4. Sabes se o teu nome corresponde a algún santo da historia do Cristianismo?. Si é así, investiga sobre el.
 5. Se investigas un pouco na internet verás que nesta festa, ao longo do mundo, hai moitas tradicións, segundo o país en que se celebre... Cal desas tradicións chamouche máis a atención?
 6. Nalgunhas partes de España o típico de hoxe son os Panellets ou os Osos de Santo... sabes que son?
7. E sabías que a orixe da frase que co tempo derivou en Halloween garda relación coa Festa cristiá no mundo anglosaxón...pero qué relación?
 8. Os santos lémbrannos que as PERSOAS temos "poderes"... pero que nada teñen que ver con SUPERHEROES ou con maxia e superstición... qué poderes son eses e como se poden usar?
9. Finalmente, saberías dicirme algúha costume ou tradición que teñades na túa familia relacionada con este día...
Final del formulario

domingo, 21 de octubre de 2018

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DOS NEN@S

O Día Universal dos Dereitos dos Nen@s, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. 
Unha das frases de Xesús foi “deixade que os nen@s se acheguen a min porque deles é o reino dos ceos”, frase que nos indica a predilección por todos os nenos  e nenas, xa que eles son o porvir do mundo.
Aquí déixoche dous vídeos para que a través das imaxes tomes conciencia do que significa que miles de nenos e nenas no noso planeta, a día de hoxe, en pleno século  XXI, aínda non dispoñan do máis básico e esencial: vivenda, sanidade, educación.... 
Podes facer unha pequena reflexión e dar a túa opinión sobre o que te suxiren os vídeos.






Poderiamos pensar que loitar contra estas inxustizas do noso mundo "é só cousa de adultos"... pero vai ser que NON!
AQUÍ VOS DEIXO UNHA LISTAXE:
  • Malala  Yousafzai
  • Jack  Andraka
  • Katie  Stagilano
  • Ryan  Hreljac
  • Marian  Bechtel
  • Shubham  Banerjee
  • Aidan  Robinson
  • Trisha  Prabhu
TRABALLO QUE CHE PIDO: destes oito nomes... cal te chama máis a curiosidade... Elixe ese e busca información sobre el. A pregunta que debes facerte é: que achegou esta persoa para mellorar o mundo e con que idade o fíxo?. Logo subes O IMPORTANTE da súa vida a través dun comentario a esta entrada e contestas tamén a esta pregunta: Eu que estou a facer para MELLORAR ESTE MUNDO?

COMEZAMOSSSSS!!!



"Persoas capaces de facer cousas novas"... Iso SODES  tod@s  vosoutr@s... Oxalá, tamén desde esta materia, saibamos darvos as ferramentas suficientes para poñer en valor todos Os vosos TALENTOS...
TRABALLO QUE CHE PIDO NESTA ENTRADA: que busquedes algunha frase  motivadora ao estilo da que eu subín e a mandedes a través dun comentario.
IMPORTANTE: lembra que no comentario debes escribir tamén o teu NOME e curso.

sábado, 8 de septiembre de 2018

lunes, 11 de junio de 2018

TRABALLOS EXPOSITIVOS

Traballos realizados polo alumnado para a súa exposición na clase sobre A SAME (Semana Mundial pola Educación), As ONG´s, os ODS e países en conflito no mundo e a súa relación cos ODS 4 (Educación). Trala exposición realizarase una quenda de preguntas abertas sobre o tema exposto.









lunes, 2 de abril de 2018

SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME 2018). 23-29 ABRIL


Este ano baixo o lema “A educación o camiño cara á paz. Deixa a túa pegada!”, queremos visibilizar a situación da educación en contextos de conflito e emerxencia, destacando o papel fundamental da educación como a única forma de acabar coa intolerancia e a violencia tanto nas contornas educativas como no conxunto da sociedade, e como ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz.
Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, principalmente por mor de graves situacións de conflito, como o caso de Siria, pero tamén por culpa de desastres naturais derivados do cambio climático, a situación económica dos seus países de orixe ou por razóns de persecución política e relixiosa. Estes desprazamentos forzosos chegaron a un récord mundial  alcanzando os 65,6 millóns de persoas, privadas de moitos dos seus dereitos, entre eles o dereito á educación, e afectando especialmente a menores,que representan o 51% da poboación refuxiada do mundo.
A educación, unha ferramenta para a construción de paz
A paz empeza por rexeitar a violencia como mecanismo de resolución de conflitos. É fundamental que as persoas se eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos conflitos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo e a participación. No caso das sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á educación é esencial para: a construción de paz e a promoción de sociedades máis cohesionadas, a protección da infancia, a normalización da vida e a efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos.
No caso de España, a educación é fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión e o coñecemento.  En definitiva, o acceso á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como España, convértense en lugares de acollida. 

Prepárate para ser activista!  Deixa A túa Pegada!
Aquí  podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf


FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN!!


sábado, 10 de marzo de 2018

A PUBLICIDADE TAMÉN TRANSMITE VALORES

Como sería a nosa vida sen publicidade? Sen dúbida, distinta... De feito, a medida que crecemos os anuncios forman parte dos nosos recordos e como todo en esta vida, podémonos atopar con anuncios moi bos ou con algúns que son malos. O importante é velos ou escoitalos coa suficiente capacidade crítica para saber que se trata simplemente dun produto, que para nada nos vai a proporcionar beleza, aceptación social, autoestima, seguridade en nós mesmos… ou a tan desexada felicidade. Pero os anuncios tamén transmiten mensaxes. Pídoche que te fixes naqueles anuncios, antigos ou recentes, que, como este exemplo que che poño abaixo, intentan transmitir valores, ideas, consellos,… cos que estamos de acordo. Podes enviar a información a través dun comentario ou o enlace do anuncio a través do email ao correo electrónico.

No último vídeo aparece Fernando Llorente, un futbolista español, na que nos fala de donar a nosa "estrella" como fixo él para que os nenos pobres teñan unha boa sanidade.

sábado, 3 de febrero de 2018

EDUCAR EN LIBERTAD Y RESPETO

Artículo de Juan Carlos García Caballero, profesor de religión de León

Una problemática creada artificialmente en torno a la educación pública es la definición de las connotaciones adjetivas que deben orientarla. Siempre hemos oído disparidad de posturas pero sorprende la ligereza con que algunas opiniones retuercen el concepto de lo público para presentar a los ciudadanos de hoy una realidad presuntamente respetuosa con los ideales y las creencias de todos, sin dejar de ser, en sus raíces, interpretaciones sectarias que buscan disfrazarse como planteamientos auténticamente democráticos y positivos.
Asentar como dogma una educación inclusiva basada en el principio del laicismo desde la laicidad de las instituciones públicas resulta paradójico por cuanto ambos términos se contradicen entre sí. El primero se opone a todo aquello que no sea estrictamente laico o que entienda que cuestiona sus planteamientos desde la razón teórica y práctica. La laicidad busca el reconocimiento diferenciado de lo civil y lo religioso promoviendo cauces de entendimiento, encuentro y conocimiento mutuos. Por desgracia, lo laico y la laicidad han sido deformados sistemáticamente por grupos que promueven el laicismo activo desvirtuando así sus verdaderos sentidos.
El socialista Gregorio Peces Barba, uno de los padres de la constitución española, ya advertía hace una década sobre la naturaleza del laicismo como un movimiento que reflejaba una actitud enfrentada y beligerante. Esta óptica nada sospechosa para los grupos de ideología de izquierda, supongo, dejaba al descubierto que las posturas e ideales defendidos desde el laicismo ni buscan el respeto por lo diferente ni promueven la libertad de todos los que forman parte de una sociedad democrática.
No se puede abanderar una educación inclusiva defendiendo de antemano la exclusión de un determinado conocimiento por el mero hecho de que no coincida con los pensamientos propios o no los valore con suficiencia. Por mucha publicidad que se haga de sus postulados, ningún grupo o asociación puede usurpar el derecho legítimo y democrático que les asiste a los padres para educar a sus hijos según sus convicciones. Las leyes y los espacios educativos deben articular medidas que lo hagan posible y habilitar fórmulas que lo desarrollen. La actual ley educativa dio un paso importantísimo para posibilitar la educación de aquellos alumnos cuyas familias no deseaban unos conocimientos culturales y religiosos para sus hijos: el área de Valores Sociales y Cívicos, en Primaria, o Valores éticos, en Secundaria. Antes, recordemos, la alternativa al área de Religión Católica, era ninguna materia, ninguna oferta educativa, una situación claramente discriminatoria.
El área de Religión Católica está orientado al acercamiento a la cultura religiosa predominante en nuestro territorio que permite descubrir, comprender e interpretar la sociedad que se ha modelado en los últimos dos milenios de historia. Por ello, los alumnos de religión no son exclusivamente creyentes. Hay familias ateas, agnósticas e incluso de otras confesiones que valoran la importancia de conocer las raíces, las tradiciones, la cultura y las creencias del país en el que viven. Conocer no practicar. He aquí otra manida trampa de los defensores de la ignorancia cultural religiosa. Confundir o colaborar a no distinguir la clase de Religión de la Catequesis es simplemente un adoctrinamiento laicista interesado o, lo que es peor, un ejercicio de desconocimiento conceptual y práctico supino. No es lo mismo conocer en qué creen los cristianos, cómo lo celebran, qué moral respetan, cómo se relacionan con Dios (ámbito escolar) que vivirlo como cristiano integrante de la familia de los hijos de Dios en cuyo seno cultiva progresivamente su fe (ámbito de la comunidad parroquial). El profesor de Religión busca que se conozcan los pilares fundamentales del cristianismo mientras que el catequista persigue la adhesión vivencial al mensaje de Cristo.
Otra falsedad maliciosa reside en argumentar la presencia del área de Religión en la escuela como lastre de unos Acuerdos Internacionales entre el gobierno español y la Santa Sede. Invito al lector a consultar en internet el mapa de la situación académica de la asignatura de religión dentro de la Unión Europea, realizado por su Comisión de Educación, organismo comunitario oficial ajeno a las Iglesias. El área de religión está integrado en los sistemas educativos de todos los países miembros con la única excepción de Francia, aunque en los departamentos galos de Lorena y Alsacia ya se haya habilitado un espacio educativo. Más aún. En el ámbito comunitario, es obligatoria en la mayoría de los países del centro y norte, de mayoría protestante, y es materia optativa en los países del este y sur, de mayoría católica, con posibilidad de alguna exención como en el caso de Gran Bretaña. La auténtica democracia reside, pues, en facilitar el ejercicio de los derechos que son propios de los padres, no en usurparlos en base a la conveniencia ideológica y partidista de intereses oportunistas alarmantemente discriminatorios.
El espacio escolar debe ofrecer los conocimientos de todo aquello que favorezca la educación integral de los alumnos y les presente las claves del mundo y de la vida desde diversas concepciones para que pueda configurar su personalidad de manera libre y abierta, no amputada por modas o dogmas sociales muy discutibles, escondidos detrás de un lenguaje despreciativo que impulsa un adoctrinamiento intransigente hacia el diferente. Si hemos aprendido algo, custodiaremos entre algodones valores como el conocimiento, la convivencia pacífica, la libertad de elección, el respeto al otro, la sinceridad y los derechos humanos de todos, sí, de TODOS. Por eso creo que los padres y los jóvenes deben gozar del derecho a elegir libremente entre Religión y Valores. Si esta opción se diluyera, constataríamos tristemente que el peor peligro contemporáneo, residente en el fanatismo ideológico, habría triunfado. Y me huele que, entonces, no sería el fanatismo religioso el que debería preocuparnos en España.

Juan Carlos García Caballero
(profesor de Religión Católica de la Diócesis de León)

jueves, 1 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA


     Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz. 
      Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos: 
        Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas 
        Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García 
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro 
      Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro 
   
      En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.


                    

martes, 30 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO CPI AS MIRANDAS

No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta  xornada que estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos  –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir  a non-violencia e a traballar pola paz.
E para expresar ese desexo de paz  os nenos e nenas de diferentes cursos  en representación de todos, mostraron o noso compromiso pola paz coa lectura de diversos poemas.
Para finalizar o acto Uxía, de 3º da ESO, en representación de toda a  comunidade educativa  leu  o  manifesto  pola paz  do  noso cole.

Rematamos cantando xuntos a canción “Color Esperanza” que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.

Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.


        



UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A PAZ DE ENTRECULTURAS

domingo, 28 de enero de 2018

VISITA DO ALUMNADO DE 2º ESO A COMPOSTELA

Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 15 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.


Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía realizamos unha busca de lugares. Cunha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban os diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura. Tiñan que localizar 7 puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.


Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.

Aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da xornada


NOVO ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA 2017

Desde o CPI As Mirandas queremos amosar, un ano máis, o noso agradecemento a todo o alumnado, pais, nais e profesores pola participación e colaboración na carreira “Quilómetros de Solidariedade”.

MOITAS GRAZAS!!!!



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Un ano máis queremos dar as grazas a todo o alumnado, familias e profesorado pola vosa solidariedade na Operación Quilo de Nadal, a través da cal repartimos alimentos entre as institucións de  Cáritas e a Cociña Económica de Ferrol.

Grazas de novo pola vosa colaboración.