Actividades

O DRAMA DA INMIGRACIÓN



ACTIVIDADE 1ª AVALIACIÓN

PODEMOS CAMBIAR O MUNDO: DEPENDE DE NÓS







Logo de  visionar os vídeos debedes de facer un traballo de reflexión crítica. Nel debedes de dar unha visión sobre o mundo como don universal, un mundo que é de todos e do cal todos debemos beneficiarnos e coidar, aínda que en realidade non é así. Cales son as causas diso; o porque delo; podemos facer algo?;  cal é o noso compromiso?; que significa liberarnos da escravitude do consumismo?.
 No traballo debedes de ter presentes  os seguintes  conceptos que aparecen nos vídeos e relacionalos  entre si.
Conceptos:
•             Compaixón                                                    
•             Lideres
•             Se ti o cambio
•             Traballar en equipo
•             Só somos un instante no tempo
•             Evolución
•             A vida non é unha película , o guión non está escrito
•             A terra é unha herdanza  común onde todos debemos beneficiarnos dela e dos seus recursos, pero que pasa?
•             que significa liberarnos da escravitude do consumismo
•             que se refire con coidar a casa  común
O traballo debe de ter como mínimo dous folios e como máximo o que consideredes.
A data límite de entrega será o 17 de decembro. Ou  traballo  podédelo  facer en formato  word, presentación de diapositivas,  ou  feito a  man a modo de dossier.

 Modo de entrega: A través  do correo electrónico enviado a: yolick@cpiares.com  ou  en  man  na clase.
ACTIVIDADE 

En setembro de 2015 os países membros da ONU acordaron a axenda 2030 e os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable).
Por que?:Porque este mundo do progreso, dos grandes avances científicos e tecnolóxicos... esqueceusenos algo que é moi importante: PRIMEIRO DEBEN ESTAR AS PERSOAS, os seus dereitos, a súa dignidade, a súa vida... e SEGUNDO, o desenvolvemento é posible coa condición de que "non nos carguemos o planeta", POR ESO FÁLASE DE "SUSTENTABLE".

A través deste traballo convídovos a reflexionar  sobre o problema da Alimentación e a pobreza no mundo... e a implicarnos na nosa vida cun consumo responsable, dos alimentos, pero tamén de todo o demais.





TRABALLO QUE CHE PIDO: 



Contesta ás seguintes preguntas:



1.- Que é a Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable?.  Que obxectivos expón?.

2.- Despois de ver o vídeo desta entrada titulado:  “Los Objetivos de Desarrollo Sostenible - qué son y cómo alcanzarlos”... debes fixarte nun deses 17 OBXECTIVOS, o que máis te chame a atención ou te preocupe, e  buscar algunhas noticias deste ano 2017 que falen desa temática... Logo a través dun comentario, coas túas palabras,fai  un resumo do que investigaches.

3.- Como cristiáns, os ODS nos deben de facer pensar e preguntarnos se as reparticións desiguais dos recursos, as inxustizas, o egoísmo, a crise actual pola que atravesan  os países... teñen que ver cunha crise ética e espiritual, ademais dunha crise económica, financeira e política e preguntarnos como debemos participar nós  para que estes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable se cumpran.
 Por iso contesta, qué podemos  facer nós  neste proceso de construír un mundo máis xusto. que accións podemos levar a cabo?.

4.-.- Busca dúas fotografías unha relacionada co obxectivo 3 “ Erradicación da pobreza” e outra que faga relación a obxectivo 4 “Educación de calidade” e ponlle un título relacionado co te suxire a foto seleccionada.

5.- Busca as seguintes citas bíblicas  e indica con cal ou cales dos  Obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) as relacionarías.
  • ·        Deuteronomio 15:11
  • ·        Mateo 25:44-46
  • ·        Levítico 25:35
  • ·        Mateo 19,21
  • ·        Gálatas 3:28
  • ·        Salmo 104

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
ACTIVIDADE POLO DÍA DA PAZ

QUEN E QUEN?...  Investiga en que ano recibiron estas persoas o Nobel da Paz e por qué.














A QUE NON DEBERÍAMOS RENUNCIAR NA VIDA? 
OS MEUS MANDAMENTOS


Como sabedes, Deus dá a Moisés os Dez Mandamientos, pero seguro que todos nós somos capaces de recoller en 10 MÁXIMAS uns mandamientos adaptados á situación persoal de cada un. Pedímosche que fagas unha lista persoal con 10 máximas . Podédelo facer a través dun comentario. 
Como exemplo aquí vai a nosa lista: 

 1. Nunca fagas dano: trata sempre de evitar ou ferir ás persoas coa túa actitude, as túas palabras, os teus feitos.
2. Na vida hai que marcarse metas, obxectivos e non acomodarse.
3. Esforzarse por coñecer ás persoas, non quedarse coa primeira impresión.
4. Non finxas ser quen non es.
5. Rompe co teu pasado; aprende del, pero avanza.
6. A solidariedade non ocupa lugar.
7. Loita polo que queres.
8. Fai o que sexa necesario para ser feliz, respectando aos demais.
9. Non te fixes só en ti mesmo.
10. Traballar, traballar, traballar = resultado.


A PUBLICIDADE TAMÉN TRANSMITE VALORES

Como sería a nosa vida sen publicidade? Sen dúbida, distinta... De feito, a medida que crecemos os anuncios forman parte dos nosos recordos  e como todo en esta vida, podémonos atopar con anuncios moi bos ou con algúns que son malos.
O importante é velos ou escoitalos coa suficiente capacidade crítica para saber que se trata simplemente dun produto, que para nada nos vai a proporcionar beleza, aceptación social, autoestima, seguridade en nós mesmos… ou a tan desexada felicidade.
Pero os anuncios tamén transmiten mensaxes. Pídoche que te fixes naqueles anuncios, antigos ou recentes, que, como este exemplo que che poño, intentan transmitir valores, ideas, consellos,… cos que estamos de acordo.
Podes enviar a información a través dun comentario ou o enlace do anuncio a través do email a o noso correo electrónico:enreliando@gmail.com




A PUBLICIDADE QUE TRANSMITE VALORES  (Por Martín Pérez Sarmiento).

A publicidade non só serve para vender productos, tamén serve para transmitir valores. Hai moitos vídeos nos que os deportistas profesionais, poñen o seu gran de area para axudar aos máis necesitados ou sensibilizarse con diferentes causas. Nos vídeos que os vou a amosar, aparecen moitos valores e persoas ou organizacións que axudan a persoas ou colectivos en diferentes causas e situacións.
Neste primeiro vídeo aparece un deportista como é Vicente del Bosque que nos fala de axudar a Lorca polo terremoto que se producíu. 




Neste segundo vídeo a  compañía Repsol nos fala de como integrar as persoas cunha discapacidade, tanto física como mental.




Neste vídeo a asociación ADRA, fálanos de axudar a Haití polos destrozos provocados polo terremoto



No seguinte vídeo aparece un deportista español, Pau Gasol, xunto con Unicef queren axudar aos nenos do terceiro mundo para que teñan unha escola



No último vídeo aparece Fernando Llorente, un futbolista español, na que nos fala de donar a nosa "estrella" como fixo él para que os enos pobres teñan unha boa sanidade.



Cómo jugar a mejorar el mundo

En este video viene la historia de unos zapatos que representan a la gente de ahora cuando rechazan a alguien por su apariencia pero siempre ahy alguien solidario que le ayuda y está con él y al final todos acaban aceptándolo.


VALORES EN PUBLICIDAD (Por Lucía Otero)


Este vídeo é unha composición dunha selección de diferentes anuncios publicitarios, que a parte de dar a coñecer o produto que ofrecen, transmiten unha serie de valores ós receptores; valores, neste caso, positivos.

Por unha parte podemos ver que a publicidade destes produtos pretende captar a atención do receptor para que o consuma; pero por outra parte, para dalos a coñecer, fan unha importante reflexión de valores e dánolos a coñecer dun xeito orixinal e atractivo, exaltando a importancia de recordalos e respectalos no noso día a día.

Os valores que se transmiten no vídeo son aqueles que nos afectan directamente na vida diaria; pero que moitas veces esquecemos ou pasamos por alto aínda que os coñezamos. Sensibiliza ó receptor, a través de frases, imaxes e música, para influír na súa maneira de actuar e crear así unha sociedade mellor.
            
                              
  
O CONSUMISMO     Por   Diego Rodríguez López


Neste anuncio podemos observar a diferenza entre os países desenvolvidos e os subdesenvolvidos, pois mostra como nós que somos unha sociedade excesivamente consumista mercamos máis do que nos fai falta e como eles tiran da imaxinación e da creatividade  para saír adiante reutilizando obxectos para realizar xoguetes que nos simplemente tiraríamos o lixo.Con este anuncio inténtase concienciar as persoas para que deixemos a un lado o noso egoísmo e miremos tamén polos máis necesitados deixando de mercar cousas que son innecesarias ou polo menos non abusar tanto delas.

 

EL CAJERO DE LA FELICIDAD (Por Elisa)


Este anuncio promove a solidariedade e o feito de compartir cos demais o que un ten. Mediante “ El cajero de la felicidad” o cal che permite sacar 100 euros gratis sen tarxeta, a cambio de que os comparta, realizando diversas accións que o propio caixeiro suxire.
Neste anuncio, Coca Cola transmítenos optimismo ao comprobar a xenerosidade e a solidariedade de moita xente, que mediante pequenas accións e pequenos detalles conseguen mellorar o seu entorno e aportar o seu gran de area ás persoas que os rodean e que o precisan .




NINGÚN NEN@ SEN XOGUETES (Por Elisa)


Esta anuncio publicitario da Cruz Vermella, pide a colaboración de quen o desexe para que no día de Reis, todos os nenos aos que os seus pais non se poidan permitir comprarlle regalos aos seus nenos por motivos económicos, poidan abrir polo menos un regalo. Transmite o valor da solidariedade en tempos duros como é esta época de crise que estamos a vivir.


SOBRE VALORES: EL RESPETO (Por Sandra)



Este vídeo trata sobre un valor en concreto el valor del respeto. Nos da a entender que con nuestros amigos, familiares, gente que nos rodea debemos respetar su opinión  si ellos han decidido eso, es porque creen que es lo mejor. Es importante que cuenten con nuestro apoyo, es cuándo más nos necesitan y lo que menos esperan es tener que discutir porque tú no estás de acuerdo con su opinión. Pero eso se aprende día a día con errores que cometes o con circunstancias que ves o escuchas  que no te gustan y te hacen reflexionar. Pero no solamente se aprende a respetar por lo que ves o escuchas, las personas que deben guiarte a cómo hacerlos, a respetar a los demás son tus padres.


VALORES EN LOS DEPORTES (Por Lucía B)


Este videos demóstranos que hay diferentes formas de representar os valores, non so mediante deportes, simplemente hay que intentar representalos día a día para ser feliz e facer feliz a toda esa xente que nos rodea e que mira pola nosa felicidade. Tamén hay que intentar mirar pola felicidade dos demáis e pola felicidade dos países subdesenvolvidos que son os que máis o necesitan.





LA FE EN LO QUE HACEMOS IMPORTA (Por Yaiza)


Este video, nos transmite muchos valores. Nos enseña que aunque hagas cosas o acciones  malas éstas se pueden perdonar. Las personas cuanto más juntas estamos, mejor podrá ir el mundo, porque si todos ponemos un granito de arena al final podemos formar una playa, sin embargo  si uno pone un granito y otro destroza ese granito nunca se formara la playa. También nos puede transmitir, que en la vida no debemos hundirnos aunque en algún momento de nuestra vida las cosas nos salgan mal porque si quieres algo en la vida por mucho que pienses que es imposible si lo quieres y luchas por ello al final lo consigues. En  mi opinión nunca te rindas porque al final si luchas puedes conseguirlo .



INVENTEMOS O FUTURO (Por Natalia)


Este es un anuncio que nos enseña que nada es imposible y que si logramos inventar todas esas cosas, llegar a la luna y tanta tecnología, también podemos proteger lo más importante, nuestro mundo, el que nos da un hogar donde vivir y nos da las condiciones adecuadas para la vida. 



ALIMENTA SONRISAS (Por Antonio y Felipe)
Este video nos transmite que a pesar de los malos momentos que puede haber, hay que tener esperanza y que la alegria y el buen humor hacen que salgamos de ahi. Que la inocencia de un niño nos puede sacar siempre una sonrisa.